Clicks37
novaetvetera
Cantigas de Santa Maria - Afonso X, o Sábio. Língua: galego-português. Cantiga 302 - "A Madre de Jesu Cristo" A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas, non soffre que en sa casa façan furtos…More
Cantigas de Santa Maria - Afonso X, o Sábio.

Língua: galego-português.

Cantiga 302 - "A Madre de Jesu Cristo"

A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas, non soffre que en sa casa façan furtos nen vilezas.

E dest’ un mui gran miragre vos direi que me juraron
omees de bõa vida e por verdade mostraron
que fezo Santa Maria de Monssarrat, e contaron
do que fez un avol ome por mostrar sas avolezas.

A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas…

Este con outra gran gente vo y en romaria,
e acolleu-ss’ a un ome con que fillou conpania;
e quando chegou a noite, os dinneiros que tragia
lle furtou da esmolneira por crecer en sas requezas.

A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas…

Outro dia de mannãa, des que as missas oyron,
os que ali albergaron da eigreja sse sairon;
mas el en sair non pode, e esto muitos o viron,
ca non quis Santa Maria, que é con Deus nas altezas,

A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas…

Ata que ben repentido foss’ e ben mãefestado
e todo quanto furtara ouvess’ ao outro dado,
e que dissess’ ante todos de com’ avia errado,
e sayss’ en con vergonna por sas maas astruguezas.

A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas…

Tod’ aquest’ assi foi feito, ca o quis a verdadeira
Madre de Deus piadosa, santa e mui justiceira,
que non quis que en ssa casa fossen per nulla maneira
feitas cousas desguisadas nen cobiiças per pobrezas.

A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas…

Simone Sorini - Cantore al Liuto Estratto dal concerto "Llibre Vermell de Montserrat" par la Maîtrise de Radio France et Les Musiciens de Saint Julien - Festival de Radio France et de Montpellier 2013

Fonte: www.youtube.com/watch